- O encontro celébrase o venres 23 de xaneiro en FITUR, en Madrid.
- O debate parte dunha pregunta: é o turismo rural unha alternativa ou un complemento?
- A asistencia é por convite.
Rural Sustentable celebra o venres 23 de xaneiro en FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, o encontro «O turismo rural como alternativa ou como complemento?».
A sesión propón debater o papel do turismo no medio rural a partir da pregunta que lle dá título. O encontro é presencial e a asistencia é por convite.
Os Encontros Rural Sustentable
Os Encontros Rural Sustentable son reunións periódicas, online ou presenciais, para debater os temas nos que está a traballar Rural Sustentable.
Rural Sustentable é un movemento impulsado pola Fundación Galicia Sustentable que reúne entidades, empresas e persoas activistas arredor dun só propósito: que o rural non sobreviva, senón que floreza.
Imaxes para medios
Imaxes para acompañar esta nota. Preme nunha para abrila a tamaño completo.
-
Espazo do Foro Rural Sustentable en FITUR 2026, con citas de participantes de edicións anteriores.
Descargar ↓ -
Sinal do Foro Rural Sustentable en FITUR 2026.
Descargar ↓ -
Conversa en FITUR 2025, diante do espazo de Galicia (imaxe de arquivo).
Descargar ↓
Contacto de prensa
prensa@galiciasustentable.orgAtendemos peticións de medios, acreditacións e material adicional.