Saltar ao contido
Rural Sustentable

Observatorio · Datos

Datos que fan relatos

Feito co método de Divulga, o proxecto de datos da Fundación Galicia Sustentable: visualizacións curtas, cada unha cunha soa idea e a súa fonte citada, pensadas para desmontar tópicos con cifras.

Ver Divulga →
A fenda rural

A fenda rural

No rural declárase un 31 % menos de renda ca nas cidades, pero o risco de pobreza é o máis baixo e a esperanza de vida, case a mesma. 26 indicadores do IGE para as zonas densamente poboadas, intermedias e pouco poboadas.

IGE: Panorama rural-urbano (grao de urbanización)

Galicia apágase

Galicia apágase

As 30.518 aldeas e lugares de Galicia como puntos de luz, de 1999 a 2025. 1.070 quedaron sen ninguén e outras 5.039 teñen menos de cinco veciños.

IGE/INE: Nomenclátor 1999-2025 · IET (Xunta): entidades de poboación

Os que medran e os que se baleiran

Os que medran e os que se baleiran

Galicia ten un 4 % máis de habitantes ca en 1950, pero só 77 dos 313 concellos teñen hoxe máis xente e 156 perderon máis da metade: Oleiros multiplicou a súa poboación por 3,7 e A Veiga quedou co 14 %.

INE, Alteracións dos municipios nos censos de poboación dende 1842; INE Padrón municipal 2025

Máis enterros ca bautizos

Máis enterros ca bautizos

Entre 2021 e 2025, 312 dos 313 concellos galegos tiveron máis defuncións ca nacementos (só Ames, non); en 1975-1979 pasaba en 157. En 2025 houbo 4 nacementos por cada 10 defuncións.

IGE e INE, Movemento natural da poboación por concello 1975-2025

Do concello máis novo ao máis vello

Do concello máis novo ao máis vello

A idade media galega é de 48,5 anos (2025), pero vai dos 42,6 de Ames aos 64,5 de Lobeira; en 159 dos 313 concellos hai tres ou máis maiores de 65 por cada menor de 20.

IGE, Indicadores demográficos; IGE a partir do INE, poboación por sexo e grupos quinquenais de idade, 2025

As casas baleiras

As casas baleiras

Catro de cada dez vivendas galegas non teñen ninguén empadroado. Concello a concello, cantas casas están apagadas, e onde son abandono (sen xente e sen luz) ou segundas residencias.

INE, Censo de Poboación e Vivendas 2021

Canto queda o hospital

Canto queda o hospital

Para máis da metade dos galegos (53 %) o hospital público máis próximo está a 15 minutos en coche ou menos, pero 515.000 persoas viven a máis de media hora e en Negueira de Muñiz a viaxe media chega a 103 minutos.

Ministerio de Sanidade, Catálogo Nacional de Hospitais 2025; IGE, Nomenclátor 2025; OSRM sobre OpenStreetMap

A fibra, concello a concello

A fibra, concello a concello

En xuño de 2025, o 94,1 % dos fogares galegos podía contratar 100 Mbps e o 85,2 % 1 Gbps, pero en 11 concellos os 100 Mbps non chegan nin á metade das casas.

Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, Informe de cobertura de banda ancha 2025

Hai máis vacas ca persoas?

Hai máis vacas ca persoas?

En 68 concellos galegos, si, e son cada vez máis porque marcha a xente. Se contamos tamén porcos, galiñas e ovellas en unidades gandeiras, son 128.

IGE/Medio Rural (gando bovino), INE (Padrón), Censo agrario 2020

A metade dos lugares de España

A metade dos lugares de España

Das 62.151 entidades singulares de poboación que o INE conta en España, 30.518 están en Galicia: o 49,1 %, nun 5,9 % da superficie. Un punto por cada cen lugares.

INE, Nomenclátor 2025; IGN, superficie por comunidade (Anuario MAPA 2023)

O andel de cada concello

O andel de cada concello

En 2024 as bibliotecas públicas galegas fixeron 2,29 millóns de préstamos, 0,84 por habitante; 84 concellos, con 141.459 veciños, non tiñan ningunha biblioteca pública.

Ministerio de Cultura, Bibliotecas Públicas Españolas en cifras, informe anual por municipio 2024

Os nomes que se repiten

Os nomes que se repiten

Das 30.518 entidades de poboación do Nomenclátor de 2025, 433 chámanse Vilar (ou Vilares) e 424 Outeiro; detrás veñen Igrexa, Castro e Pazo.

IGE, Nomenclátor 2025; IET (Xunta), entidades de poboación e límites de concellos

Organiza

Impulsan