Rural Sustentable
Organización e impulso
Organiza
Fundación Galicia Sustentable
A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, constituída en 2008 co propósito de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.
A Fundación traballa desde varias frontes —divulgación, investigación e impacto— para introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia, cunha orientación cara á prosperidade social e a eficiencia ambiental.
Impulsan
Tres entidades, un mesmo compromiso co rural

Corporación Hijos de Rivera é un grupo cervexeiro familiar, internacionalizado, especializado na produción, comercialización e distribución de bebidas, de capital 100% nacional e independente, coa súa sede en Galicia. Para crear o mundo no que cre, aliña as súas operacións cos dez principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

ABANCA é unha entidade financeira cunha sólida conexión co territorio, apoiando desde sempre o esforzo do sector agrogandeiro, forestal e vitivinícola, no que é líder en Galicia. A súa estratexia de sustentabilidade céntrase en apoiar a actividade económica sustentable e acompañar os seus clientes na transición cara á sustentabilidade. É signataria fundadora dos Principios de Banca Responsable, membro da Net Zero Banking Alliance (NZBA) e subscritora dos Principios de Investimento Responsable; en Galicia forma parte da Alianza Galega polo Clima. En novembro de 2024, a axencia de cualificación Sustainalytics situou a ABANCA como a mellor entidade financeira española no seu ranking de sustentabilidade.

Apoiar a prosperidade e a sustentabilidade do medio rural garante unha fonte continua de produtos frescos e de calidade. GADIS, como cadea de distribución próxima, é unha peza fundamental para a prosperidade que buscamos, xa que posibilita que cada produto local chegue a máis fogares, ampliando así os mercados para os nosos produtores rurais. O seu compromiso co rural e coa calidade dos produtos que distribúen son esenciais para o noso obxectivo de desenvolvemento sustentable.
Quere a túa entidade sumarse?
Canalizamos o compromiso de empresas e organizacións co rural próspero e sustentable.
Contacta →