Saltar ao contido
Rural Sustentable
Grupo de traballo no Foro Rural Sustentable

Rural Sustentable

Axentes do Cambio

Son as persoas que xa participaron nos nosos eventos: o Foro Rural Sustentable, Comunicación Rural Sustentable e as demais iniciativas de Rural Sustentable.

Entendemos por axentes do cambio aquelas persoas, organizacións ou iniciativas que están a contribuír de xeito activo e demostrable a transformar o territorio rural cara a un modelo máis próspero, sustentable e socialmente equilibrado. Non falamos só de quen desenvolve a súa actividade no rural, senón de quen modifica dinámicas estruturais: económicas, sociais, ambientais ou culturais.

Xa están con nós

Axentes do Cambio

86 persoas, ata agora.

Adrián Capelo

Adrián Capelo

Fundación RIA

Arquitecto pola ETS de Arquitectura da Coruña, con Máster en Planificación e Xestión Territorial pola USC. Na Fundación RIA coordina estudos, fotografía, edición e administración.

Foro 2024

Aitor Jamardo

Aitor Jamardo

Cultivo Gallego

Agricultor responsable de Cultivo Gallego, un proxecto persoal de cultivo de horta e divulgación en Galicia. Nas redes sociais comparte consellos prácticos sobre agricultura ecolóxica, sementes autóctonas e autosuficiencia alimentaria.

Comunicación 2026

Ana Corredoira

Ana Corredoira

Granxa A Cernada

Gandeira de profesión e bióloga de formación. En 2014 asume a dirección de Granxa A Cernada, fundada polos seus pais, para conectar produción e consumo a través da comercialización directa, hoxe coa marca Sen Máis, da cooperativa As Vacas da Ulloa, que comparte con Granxa Maruxa.

Foro 2023 · Comunicación 2024

Ana Domínguez Chouza

Ana Domínguez Chouza

@nuskachousa

Comezou a compartir vídeos do seu día a día en Instagram, onde xa conta con case 68.000 seguidores, para conservar un patrimonio inmaterial: os usos, costumes, oficios e receitas do rural que corre risco de perderse.

Foro 2025 · Comunicación 2024 · Comunicación 2025 · Comunicación 2026

Ana Sosa

Ana Sosa

Estación Agroecolóxica de Viveiro

Impulsora da Estación Agroecolóxica de Viveiro. Comparte nas redes sociais aprendizaxes sobre agroecoloxía, cultivo respectuoso e vida sustentable no rural galego.

Comunicación 2026

Ana Tallón

Ana Tallón

Ánades Galicia

Garante da continuidade de Anades Galicia, a empresa agroalimentaria fundada polo seu pai Silverio, dedicada á elaboración de produtos derivados do pato.

Foro 2024

Ana Vázquez

Ana Vázquez

Airas Moniz

Deixou o seu traballo asesorando empresas do rural para emprender xunto a Ricardo Gómez e Xesús Mazaira a creación de Airas Moniz, queixería de Chantada premiada internacionalmente.

Foro 2023

Ángel Fernández

Ángel Fernández

Cátedra Hijos de Rivera–UDC

Director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC en Desenvolvemento Sostible. Profesor titular e director do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da UDC, membro do Consello Económico e Social de Galicia.

Foro 2024

Antía Vázquez

Antía Vázquez

Veterinaria

Graduada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en hixiene e seguridade alimentaria, apaixonada polo sector primario e o impacto positivo nas comunidades locais.

Foro 2025 · Comunicación 2025

Antonio Roade

Antonio Roade

Lagar do Vento

Socio de Lagar do Vento, un viñedo familiar de produción limitada e forte compromiso coa viticultura rexenerativa. Único membro en Galicia da Asociación de Viticultura Rexenerativa e da Regenerative Viticulture Foundation.

Foro 2024

Anxo Ferreiras

Anxo Ferreiras

Fundación Galicia Sustentable

Enxeñeiro Agrícola e Agroalimentario e Máster en Enxeñaría Agronómica pola USC. Investigador residente da Fundación Galicia Sustentable e da Cátedra de Desenvolvemento Sostible Hijos de Rivera-UDC.

Foro 2024

Bárbara Ruiz

Bárbara Ruiz

Xornalista

Xornalista especializada na divulgación do medio rural, a gastronomía e a sustentabilidade. Dá visibilidade ao traballo dos produtores locais e ao patrimonio cultural galego.

Foro 2026

Beatriz Pérez

Beatriz Pérez

Máis que Románico

Guía de turismo especializada en Galicia que, a través de Máis que Románico, deseña rutas para ensinar e poñer en valor o patrimonio galego e a realidade do territorio.

Foro 2023

Beatriz Varela

Beatriz Varela

Aer

Estudou Arquitectura en Barcelona e por razóns de saúde decidiu replantexar o seu estilo de vida, emprendendo no rural con Aer, un proxecto de gandería e agricultura ecolóxica que busca ofrecer produtos de tempada que completen unha dieta variada.

Foro 2025 · Comunicación 2025

Carmen Mota

Carmen Mota

Arquitecta

Arquitecta que traballa o territorio e a construción desde a sustentabilidade, o respecto pola paisaxe e a rehabilitación, con atención á arquitectura vernácula e aos materiais locais.

Foro 2026

Cé Rodríguez

Cé Rodríguez

En20metros

Divulgador que comparte na súa canle experiencias prácticas de horta, autocultivo e sustentabilidade, para amosar que producir alimentos propios está ao alcance de calquera espazo, tamén na cidade.

Comunicación 2024

Celsa Peiteado

Celsa Peiteado

WWF

Enxeñeira Agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid. Responsable do Programa de Alimentación Sustentable en WWF España, con foco en políticas agrarias e de desenvolvemento rural.

Foro 2024

Cristina Fernández-Armesto

Cristina Fernández-Armesto

Foro Rural Sustentable 2023

Socia e neta dos fundadores de Casa Grande de Xanceda. Cambiou a cidade polo rural, en Mesía, para converter a granxa familiar nunha explotación ecolóxica de portas abertas.

Foro 2023

David Eyo

David Eyo

@_elhombredelbosque

Divulgador que comparte nas súas redes (@_elhombredelbosque) a vida no monte, a conexión coa natureza e o aproveitamento sustentable dos recursos forestais.

Comunicación 2026

David Soto

David Soto

Post-growth Innovation Lab, UVigo

Doutor en Economía, investigador no grupo Post-growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no desenvolvemento económico e a xestión sustentable de recursos naturais, e dirixe o proxecto ARCA sobre política climática local.

Foro 2025

David Sueiro

David Sueiro

Galo Celta

Fundador e copropietario de Galo Celta, dedicado á avicultura artesanal con cría en liberdade de galos e galiñas para carne e ovos de alta calidade.

Foro 2023 · Foro 2024

Diego Guerrero

Diego Guerrero

Cos Pés na Terra

Director do programa Cos pés na terra, da Televisión de Galicia, que achega aos fogares as historias, os oficios e o día a día das persoas que viven e traballan no rural galego.

Comunicación 2024

Elia Lugilde

Elia Lugilde

@huertelia

Divulgadora que comparte nas redes sociais (@huertelia) consellos prácticos sobre horta, cultivo ecolóxico e autosuficiencia.

Comunicación 2025

Emilio del Río

Emilio del Río

Escritor e comunicador

Comunicador, escritor e doutor en Filoloxía Clásica. Achega o mundo clásico e o humanismo á actualidade cun estilo ameno e rigoroso, e reivindica o valor das raíces, da palabra e da memoria.

Foro 2026 · Comunicación 2026

Esteban Caja

Esteban Caja

H.I.G. Capital

Profesional da firma de investimento H.I.G. Capital. Achega unha visión sobre o desenvolvemento empresarial e sobre como o investimento a longo prazo pode impulsar proxectos sólidos e sustentables no territorio.

Foro 2026

Eva González

Eva González

GDR Limia-Arnoia

Fundadora de Carabuñas, que transforma o sabugueiro galego en produtos ecolóxicos, e técnica do GDR Limia-Arnoia, desde onde traballa na dinamización e no desenvolvemento rural das comarcas da Limia e Terra de Celanova.

Foro 2026

Fátima Carmena

Fátima Carmena

Nasas, Axencia Dixital

Socia e directora de Nasas, axencia creativa de comunicación e márketing dixital, desde a que axuda a proxectos e institucións galegas a construír a súa marca e a comunicar desde o territorio.

Comunicación 2024

Fernando Jiménez

Fernando Jiménez

Gradiant

Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Máster en Xestión e Dirección de Empresas por ICADE. Incorpórase a Gradiant en 2013, onde continúa como Xerente do Centro Tecnolóxico.

Foro 2024 · Foro 2025 · Foro 2026

Germán García

Germán García

Cortes de Muar

Xunto á súa irmá Rita, fíxose cargo da pequena queixería familiar en Negreiros (Silleda) para converterla en Cortes de Muar. Hoxe é xuíz dos World Cheese Awards.

Foro 2023

Gonzalo Brocos

Gonzalo Brocos

Campo Galego

Xornalista e director de Campo Galego, medio especializado na actualidade do sector agrogandeiro e forestal de Galicia.

Comunicación 2024

Idoia Cuesta

Idoia Cuesta

Cesteira

Chegou a Galicia para rematar a súa tese en Ciencias do Mar e acabou convertíndose nunha referencia da cestería, tecendo para firmas como Loewe, Zara ou Adolfo Domínguez.

Foro 2024

Isaac González Toribio

Isaac González Toribio

ABANCA

Director de Relacións Institucionais de ABANCA, desde onde articula alianzas entre o ámbito financeiro, as institucións e os axentes sociais en apoio do desenvolvemento económico, o emprendemento e a cohesión do territorio galego.

Comunicación 2026

Iván García

Iván García

Néboda

Desde Néboda impulsa a agricultura vertical en Galicia, cunha produción de follas verdes e brotes frescos sen pesticidas e cun consumo mínimo de auga, pensada para achegar alimentos de proximidade ás cidades.

Foro 2026

J. J. Delgado

J. J. Delgado

Bigcrafters

Director xeral de Bigcrafters, a plataforma de comercio electrónico impulsada por Estrella Galicia que conecta pequenos produtores artesáns cos consumidores e dá visibilidade e percorrido comercial aos produtos locais.

Foro 2024

Jaime Abella

Jaime Abella

Grupo EPI

Desde El Correo Gallego, do grupo Prensa Ibérica, traballa na comunicación e na información de proximidade en Galicia, dando visibilidade á actualidade do territorio e ás iniciativas que dinamizan o medio rural e urbano.

Comunicación 2024

Jaime Otero

Jaime Otero

Estación Agroecolóxica de Viveiro

A persoa detrás da Estación Agroecolóxica de Viveiro. Tras dez anos investigando como agricultor nas súas propias terras, abandeira unha agricultura sintrópica inspirada no exemplo do bosque.

Foro 2023

Javier Cebreiros

Javier Cebreiros

Ensaia

Fundador de Ensaia e doutor en comunicación. Axuda a persoas e organizacións a mellorar as súas habilidades comunicativas e de liderado, para expresarse con claridade e conectar co seu público.

Comunicación 2025

Javier Varela

Javier Varela

Numa · Javier Varela Marketing

Consultor de marketing, estratexia e comunicación. Director de Proxectos en Javier Varela | Marketing, compaxina a súa labor profesional coa docencia en escolas de negocios.

Foro 2025 · Comunicación 2024 · Comunicación 2025 · Comunicación 2026

José Antonio Landeira

José Antonio Landeira

Tofu Landeira

Enxeñeiro Agrónomo e técnico agrícola con 18 anos de experiencia. Cofundador de Tofu Landeira, que planta soia e a transforma en tofu para recuperar o valor real das terras galegas.

Foro 2024

José Juan Ruiz

José Juan Ruiz

Real Instituto Elcano

Economista e analista do ámbito internacional e xeopolítico. Estuda as grandes transformacións globais, desde a transición ecolóxica ata os retos demográficos e económicos, e o seu impacto nos territorios e nas sociedades locais.

Foro 2025

José Luis Martín Palacín

José Luis Martín Palacín

Asociación Cuarto Mundo

Exdirector xeral da DGT e exsubsecretario do Interior. Desde a experiencia no servizo público achega unha mirada crítica e humanista sobre as institucións, a gobernanza e a transformación social.

Foro 2026

José Manuel Andrade

José Manuel Andrade

Fundación Juana de Vega

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UDC, dirixe a Fundación Juana de Vega desde 2005.

Foro 2023 · Foro 2024

José Manuel Dopazo

José Manuel Dopazo

IES Maruxa Mallo

Director do IES Maruxa Mallo, de Ordes. Impulsa proxectos que conectan o ensino coa sustentabilidade, a dinamización do medio rural e as oportunidades de futuro para a mocidade.

Foro 2026

Juan Viejo

Juan Viejo

Nakko

Cofundador de Nakko, desde onde desenvolve solucións tecnolóxicas e de innovación dixital para conectar proxectos de impacto positivo coas persoas.

Foro 2026

Ketty Garat

Ketty Garat

Xornalista

Xornalista e analista política galega, cunha longa traxectoria en medios estatais centrada na actualidade institucional.

Foro 2026

Kris Pereira

Kris Pereira

Gabinete de Comunicación

Desde o seu gabinete de comunicación fai publicidade, comunicación e redes sociais con orixe na identidade e no rural, desde Chantada, na Ribeira Sacra, conectando o rural e o urbano.

Foro 2025

Laura Fernández

Laura Fernández

Consultora independente

Especialista en innovación financeira e deseño de proxectos de innovación social. Xestionou o Programa de Empresariado Social do BID Lab e coordina unha facilidade de investimento para a innovación climática en Latinoamérica e Caribe.

Foro 2025

Laura Vallejo

Laura Vallejo

@lauritavallejo

Divulga desde Galicia (@lauritavallejo) a agricultura, o sector forestal e a vida no rural. Amosa o traballo coa maquinaria e o coidado do monte nun oficio tradicionalmente masculinizado.

Comunicación 2025

Lola Fernández

Lola Fernández

Os Casares

Alma impulsora do proxecto Os Casares, un espazo polivalente, cultural e social xurdido entre os carballos dunha antiga granxa de vacas en San Cristovo de Mouricios (Chantada).

Foro 2023

Lourenzo Fernández Prieto

Lourenzo Fernández Prieto

USC · Histagra

Catedrático de Historia Contemporánea da USC, especialista en historia agraria. Coordinador do Centro de Investigación Singular de Paisaxes Atlánticos Culturais (CISPAC) e membro da Real Academia Galega.

Foro 2024 · Foro 2026

Lucía Calvo

Lucía Calvo

La Despensa D'Lujo

Unha das dúas socias de Despensa D’Lujo, explotación familiar de Coristanco desde a que cultivan e comercializan legumes, patacas e produtos de horta.

Foro 2024

Lucía Casal

Lucía Casal

Gandeira

Dirixe a súa propia gandería e o seu esforzo de divulgación do mundo rural valeulle o Premio Nacional de Xuventude do Inxuve en 2023. Estudou o Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, en Arzúa, e logo fixo o superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, na EFA Fonteboa.

Foro 2025 · Foro 2026 · Comunicación 2024 · Comunicación 2025 · Comunicación 2026

Lucía Castro

Lucía Castro

DATAlife

Xerente do DIH DATAlife, o hub de innovación dixital galego, desde onde impulsa a transferencia de tecnoloxía ás pemes e a dixitalización do agro, do monte e da cadea alimentaria.

Foro 2026

Lucía López

Lucía López

Gandería Puluán

Á fronte de Gandería Puluán, dá continuidade a unha granxa familiar de leite coa mirada posta na produción sustentable, o benestar animal e o manexo responsable do territorio.

Foro 2026

Lucía Martínez

Lucía Martínez

Gandeira

Enxeñeira agrícola e, desde hai seis anos, gandeira en Chandrexa de Queixa. Defende a gandería extensiva e o manexo tradicional do territorio como ferramentas para manter a paisaxe viva e previr os lumes na montaña ourensá.

Foro 2026 · Comunicación 2025

Lucía Vázquez

Lucía Vázquez

@solaenelmonte

Comparte nas redes (@solaenelmonte) o seu día a día no rural galego: o coidado da terra, a xestión forestal e agrícola, os oficios tradicionais e a vida vinculada ao monte.

Comunicación 2026

Luis García

Luis García

EFA Fonteboa

Apaixonado pola educación, foi director do Centro de Promoción Rural — EFA Fonteboa, e actualmente é responsable na Coordinadora de centros EFA de Galicia.

Foro 2024 · Foro 2026

Manuel Borobio

Manuel Borobio

ABT+ · Urbanista

Arquitecto experto en ordenación do territorio e xestión de datos. Exdirector xeral de sustentabilidade e paisaxe, coordinou o peche das DOT de Galicia e puxo en marcha o Instituto de Estudos do Territorio. Dirixiu traballos recoñecidos por UN-Hábitat entre as 100 mellores prácticas a nivel mundial.

Foro 2025 · Foro 2026

Manuel Campo Vidal

Manuel Campo Vidal

Xornalista

Licenciado en Xornalismo pola Universitat Autónoma de Barcelona. En 1993 moderou o primeiro debate electoral televisado entre Aznar e González. É presidente de Next Educación e presidente emérito da Academia de Ciencias e Artes de Televisión de España.

Foro 2024 · Foro 2025 · Foro 2026

Manuel Mostaza

Manuel Mostaza

ATREVIA

Director de Asuntos Públicos de Atrevia. Con máis de quince anos de experiencia na xestión pública e privada, asesorou a gobernos e administracións no deseño e avaliación de políticas públicas.

Foro 2025 · Foro 2026

Marcos Pérez

Marcos Pérez

Fundación Galicia Sustentable

Director da Fundación Galicia Sustentable, traballa desde unha perspectiva de post-crecemento para construír unha sociedade máis xusta, conectada coa natureza e centrada no ben común.

Foro 2024 · Foro 2025 · Foro 2026 · Comunicación 2024 · Comunicación 2025 · Comunicación 2026

María Victoria Cosme

María Victoria Cosme

Amorodo

Impulsora de Amorodo, un proxecto de transformación que elabora conservas e marmeladas ecolóxicas con produtos de tempada colleitados en hortas locais.

Comunicación 2026

Miguel Roig

Miguel Roig

Os Biosbardos

Fundador de Os Biosbardos, un proxecto de agricultura ecolóxica baseado na permacultura. A súa formación en enxeñaría levouno a fundar outras empresas combinando tecnoloxía e coidado do solo.

Foro 2024 · Comunicación 2024

Miriam Vilaseco

Miriam Vilaseco

Galería Vilaseco

Directora da Galería Vilaseco, responsable do Espazo Vilaseco: unha antiga granxa de gandaría convertida en espazo aberto á arte contemporánea no rural de Galicia.

Foro 2023 · Foro 2024

Mónica Requeijo

Mónica Requeijo

Vacantes.gal

Impulsora de Vacantes.gal, plataforma que pon en contacto persoas que queren vivir e traballar en Galicia, sobre todo no medio rural, e que facilita o arraigamento no territorio.

Comunicación 2025

Néstor Liñares

Néstor Liñares

Horta da Lousa

Informático de formación reconvertido en agricultor, tomou o relevo da explotación dos seus pais en Horta da Lousa, achegándose a un concepto de economía circular.

Foro 2023

Nuria Alonso

Nuria Alonso

Bigcrafters

Traballa en Bigcrafters, a plataforma de comercio electrónico impulsada por Estrella Galicia, para dar visibilidade e impulso dixital a pequenos produtores artesáns e aos seus produtos de proximidade.

Foro 2025

Nuria Varela-Portas

Nuria Varela-Portas

Pazo de Vilane

Licenciada en Económicas pola Complutense, fundou desde cero Pazo de Vilane, proxecto pioneiro na comercialización de ovo de galiñas criadas en liberdade.

Foro 2023 · Foro 2026 · Comunicación 2025

Óscar Torres

Óscar Torres

Orballo

Responsable de márketing de Orballo, proxecto de produción ecolóxica coñecido polas súas infusións, especias e té cultivado en Galicia.

Comunicación 2024

Paula Patiño

Paula Patiño

Acastrexa

Artesá e creadora da Coruña. En 2015 lanzou Acastrexa, unha rede sustentable de produtores ecolóxicos da zona e o seu propio laboratorio en Os Campóns, para favorecer a economía local e os alimentos máis saudables.

Foro 2025

Paula Sánchez

Paula Sánchez

Balado Novo Homestead

Documenta e divulga desde o rural galego (@baladonovohomestead) o seu proxecto de autosuficiencia, agroecoloxía e vida sustentable, con aprendizaxes prácticas sobre o cultivo da terra e a construción dun fogar resiliente.

Comunicación 2026

Pepe Cabanas

Pepe Cabanas

Hijos de Rivera

Director de márketing (CMO) de Corporación Hijos de Rivera, onde dirixe a estratexia global de marca e comunicación da compañía, que vincula o arraigamento ao territorio coa innovación e a cultura.

Comunicación 2024 · Comunicación 2025 · Comunicación 2026

Ricardo Fernández

Ricardo Fernández

CIFP Carlos Oroza

Docente de cociña no Centro de Formación Profesional en hostalaría Carlos Oroza. Responsable do proxecto formativo que incorpora a Horta Oroza para que os futuros cociñeiros coñezan de primeira man o produto de orixe, de proximidade e a circularidade na gastronomía.

Foro 2025

Roberto del Navío

Roberto del Navío

Onetec

Máis de 20 anos de carreira en start-ups tecnolóxicas a nivel internacional, primeiro como investidor e despois como fundador. Participou como conselleiro e asesor en máis de 25 start-ups e compañías en fase de expansión.

Foro 2024 · Foro 2025 · Foro 2026

Rocío Vázquez

Rocío Vázquez

Gandeira

Gandeira moza que dá continuidade á actividade no rural desde a profesionalización, o coidado do territorio e o orgullo de oficio, combinando o saber herdado coa innovación.

Foro 2026

Rosendo Estévez

Rosendo Estévez

Trasdeza Natur

Impulsor de Trasdeza Natur, proxecto de Silleda de transformación agroalimentaria ecolóxica e economía circular, que deshidrata con enerxía solar froitas e hortalizas de proximidade para xerar valor engadido no rural e evitar o desperdicio alimentario.

Comunicación 2024

Sandra Martínez

Sandra Martínez

Nosa Granxa

Deixou a súa vida na cidade para levantar desde cero unha granxa, sen experiencia previa con animais pero con toda a ilusión, xunto ao seu marido Jose. O seu proceso de aprendizaxe, compartido en Instagram, xa reúne máis de 34.000 seguidores.

Foro 2025 · Comunicación 2024 · Comunicación 2026

Sara Torreiro

Sara Torreiro

Casa Grande de Xanceda

Responsable de márketing e comunicación de Casa Grande de Xanceda (Mesía), desde onde dá a coñecer a produción láctea ecolóxica, o pastoreo e o benestar animal e achega os consumidores á orixe dos alimentos.

Comunicación 2024

Sergio Poza

Sergio Poza

Agrolistik

Fundador e CEO de Agrolistik, plataforma dixital creada en Galicia para conectar os distintos axentes da cadea agraria e facer máis eficiente a contratación e a xestión de servizos no sector primario.

Comunicación 2025

Sergio Quiroga

Sergio Quiroga

Ecocelta

Enxeñeiro Agrónomo e emprendedor. Creou Ecocelta en 2003, empresa dedicada á lombricultura, a produción de fertilizantes e substratos orgánicos e a xestión biolóxica de residuos, con numerosos recoñecementos polos seus produtos.

Foro 2025

Trini de Lorenzo

Trini de Lorenzo

Cruz Vermella

Desde Cruz Vermella en Galicia traballa na intervención social, a inclusión e o acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade, tanto nas cidades coma no medio rural.

Foro 2026

Xesús Mazaira

Xesús Mazaira

Airas Moniz

Deixou a súa praza de funcionario para crear unha queixería case sen coñecemento do sector. Airas Moniz é hoxe recoñecida por elaborar un dos mellores queixos azuis de España.

Foro 2024 · Foro 2026 · Comunicación 2025

Xiana Albor

Xiana Albor

Divulgadora ambiental

Divulgadora ambiental galega. Achega o coñecemento científico e ecolóxico á sociedade cunha linguaxe próxima e rigorosa, centrada na biodiversidade, o coidado dos ecosistemas e a protección do patrimonio natural de Galicia.

Comunicación 2026

Xosé Lois Lamazares

Xosé Lois Lamazares

Daveiga

Coordinador Xeral de Daveiga Producción Responsable. Tras anos axudando desde a Administración a persoas con proxectos de desenvolvemento rural, fundou esta empresa de economía social referente no sector.

Foro 2023 · Foro 2024 · Foro 2026

Xosé Luis Carreira

Xosé Luis Carreira

Arqueixal

A través do seu proxecto Arqueixal, plantea un medio rural sustentable desde o punto de vista ecolóxico, económico e social, en marcha desde 1990 e en expansión continua.

Foro 2023 · Foro 2025

Xosé Luis Reza

Xosé Luis Reza

Clúster do Ecommerce Galego

Carreira en marketing e comercialización en empresas como R Cable, a Fundación Semana Verde ou La Voz de Galicia. Actualmente preside o Clúster do Ecommerce Galego.

Foro 2023

Entidades participantes

As organizacións que xa participaron

58 entidades, ata agora.

ABT+ (Abtemas)

Abtemas é un estudio de arquitectura e urbanismo con sede en Santiago de Compostela, fundado en 2007 como Taller de Estudos Territoriais, Medio Ambientais e Sociais, expresión da que procede o seu nome. Traballa en ordenación do territorio, planeamento urbanístico, paisaxe e rexeneración urbana, e incorpora os sistemas de información xeográfica á análise territorial e á xestión de datos.

Visitar a web →

Acastrexa

Acastrexa é unha empresa de alimentación artesá con instalacións en Cambre (A Coruña), creada en 2015. Elabora conservas con froitas e verduras de tempada procedentes da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, sen conservantes, colorantes nin xelificantes. Tamén organiza actividades de ecoturismo, como obradoiros e visitas ao seu laboratorio culinario.

Visitar a web →

Aer Ecological Farm

Aer é un proxecto agrogandeiro de Lalín (Pontevedra) que combina un pequeno rabaño, sobre todo de cabras e ovellas, cunha horta de tempada e co coidado de froiteiras, soutos e carballeiras. O nome, «aire» en latín, alude ao vínculo entre animais, persoas e natureza. Traballa con criterios de produción ecolóxica e aposta pola venda directa e polos mercados locais.

Agrolistik (Agro4Impact)

Agrolistik é unha plataforma dixital e aplicación móbil desenvolvida por Agro4Impact, empresa galega con sede en Sanxenxo (Pontevedra) creada en 2024. Pon en contacto propietarios de terras, tractoristas, provedores e cooperativas para contratar servizos agrarios e forestais como rozas, sementeiras ou vendimas, e axuda as cooperativas a dixitalizar a coordinación cos seus socios e a simplificar trámites.

Visitar a web →

Airas Moniz

Airas Moniz é unha queixaría de Chantada (Lugo), situada no lugar de Outeiro, na parroquia de San Salvador de Asma. Elabora queixos e manteiga con leite cru das vacas Jersey da súa propia gandería, que se manexan en pastoreo. O proxecto, impulsado por tres socios, supuxo pasar dunha explotación intensiva de raza Holstein a un modelo extensivo.

Visitar a web →

Ánades Galicia

Ánades Galicia é unha empresa agroalimentaria de Vilardevós (Ourense) dedicada á elaboración de produtos derivados do pato, como foie-gras, confits, xamón de pato e fabas con pato. Fundada en 1990, cría as súas propias aves e encárgase de todo o proceso ata o produto final, o que lle permite controlar a trazabilidade.

Visitar a web →

Arqueixal

Arqueixal é unha granxa familiar da parroquia de Santiago de Albá, en Palas de Rei (Lugo), na comarca da Ulloa. Produce queixo, iogur e leite fresco ecolóxicos co leite das súas vacas, que pacen en pradarías sen pesticidas nin fertilizantes químicos. Ademais, recuperou catro casas rurais para aloxamento, organiza visitas e obradoiros e mantén a Casa da Rebordela, que recrea unha vivenda rural galega da década de 1920.

Visitar a web →

Asociación Cuarto Mundo

A Asociación Cuarto Mundo constituíuse en Lugo o 17 de marzo de 2023 e ten enderezo en Navia de Suarna. Deseña proxectos que unen a loita contra o despoboamento do rural galego coa inserción laboral de persoas en risco de exclusión, como a rehabilitación de vivendas baleiras para alugueiro accesible ou as prácticas universitarias en concellos rurais.

Visitar a web →

Asociación EFA Fonteboa

A Asociación EFA Fonteboa, constituída en 1981, impulsa o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, que funciona en Coristanco (A Coruña) desde 1975. O centro imparte ESO, ciclos de formación profesional como Produción Agropecuaria ou Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, e formación continua. Forman parte da asociación as familias do alumnado, antigos alumnos e profesionais da contorna.

Visitar a web →

ATREVIA

ATREVIA é unha consultora de comunicación, márketing e asuntos públicos nacida en España en 1988 co nome de Inforpress. Fundada e presidida por Núria Vilanova, ten presenza en quince países de Europa e América Latina. Entre os seus servizos figuran a xestión da reputación, a comunicación de crise, os asuntos públicos e a comunicación financeira.

Visitar a web →

Bigcrafters

Bigcrafters é unha plataforma de comercio electrónico impulsada por Estrella Galicia, a marca de Hijos de Rivera, que funciona tamén como tenda oficial da cervexeira. Vende cervexas, viños, alimentos e outros produtos de elaboradores artesáns, aos que ofrece visibilidade e unha canle de venda en liña. Destina o 5 % das vendas dos produtos que comercializa a iniciativas de apoio a pequenos artesáns, como un programa de aceleración dixital.

Visitar a web →

Campo Galego

Campo Galego é un xornal dixital de información agraria que cobre a actualidade dos sectores agrogandeiros de Galicia, con atención tamén á transformación e distribución de produtos agroalimentarios. Publícase desde o 11 de febreiro de 2015, en galego e con edicións en castelán e inglés. Edítao Agrocomunicación SL, con domicilio social en Santiago de Compostela.

Visitar a web →

Carabuñas

Carabuñas é a marca de Veigas de Sabugueiro, S.L., unha pequena empresa de Vilar de Santos (Ourense), na Reserva da Biosfera Área de Allariz, que traballa coa flor e as bagas do sabugueiro. O proxecto naceu en 2012 e elabora marmeladas, licores, bombóns, infusións e cervexas; desde 2016 cultiva a súa propia plantación de sabugueiro en ecolóxico.

Visitar a web →

Casa Grande de Xanceda

Casa Grande de Xanceda é unha granxa familiar de Mesía (A Coruña) que elabora iogures, queixos e outros lácteos ecolóxicos co leite das súas vacas. A gandería botou a andar en 1968, obtivo a certificación de gandería ecolóxica en 2004 e lanzou a súa marca en 2007. Ofrece visitas á granxa e en 2026 presentou un espazo propio de elaboración de kombucha.

Visitar a web →

Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible creouse en febreiro de 2019 para canalizar a colaboración entre a Universidade da Coruña e a Corporación Hijos de Rivera, e está adscrita á Facultade de Economía e Empresa. Combina investigación, formación e divulgación sobre desenvolvemento sustentable, con proxectos ligados ao agro como a agricultura rexenerativa e sintrópica aplicada á economía circular ou o estudo do bosque de ribeira.

Visitar a web →

CIFP Carlos Oroza

O CIFP Carlos Oroza é un centro público de formación profesional de Pontevedra, dependente da Xunta de Galicia e especializado en hostalaría, turismo e industrias alimentarias. Abriu en 1996 como instituto de ensino secundario, é centro integrado desde 2004 e en 2022 entrou na Rede Estatal de Centros de Excelencia en FP. Imparte ciclos de cociña, servizos de restauración, panadaría, aloxamentos e guía turística.

Visitar a web →

Clúster do Ecommerce Galego

O Clúster do Ecommerce Galego é unha agrupación de empresas galegas que venden por internet, con sede en Pontevedra. Presentouse en xuño de 2022 con dez empresas fundadoras e ten como fins promover o comercio electrónico, compartir coñecemento entre as socias e mellorar a súa competitividade. Organiza encontros do sector como «Erros x Aprendizaxes» e colabora coa Xunta na aceleradora Xerme Ecommerce.

Visitar a web →

Cortes de Muar

Cortes de Muar é unha queixaría familiar de Silleda (Pontevedra), no val do Deza, levada por dous irmáns. Elabora de xeito artesanal queixos de leite de vaca procedente dunha única gandería próxima, entre eles un de tipo país e un cheddar de leite cru, e ponlles nomes de vacas. Na súa web indica que fai queixos desde 2013.

Visitar a web →

Cos Pés na Terra

«Cos pés na terra» é un programa da Televisión de Galicia, producido por Filmax, que se emite desde 2011. Cada capítulo segue tres persoas que decidiron vivir e traballar no rural galego, dedicadas á agricultura, á gandería, á artesanía, á madeira ou á hostalaría. Leva emitidos máis de 200 programas, dispoñibles tamén na plataforma AGalega.

Cruz Vermella

Cruz Vermella é unha institución de carácter voluntario creada en 1864 que traballa en socorros e emerxencias, inclusión social, emprego, saúde, educación, medio ambiente e cooperación internacional. En Galicia desenvolve, entre outros, o proxecto Voces en Rede contra a soidade non desexada das persoas maiores, que combina asistentes de voz nos fogares con acompañamento de voluntariado e presta especial atención ás zonas rurais.

Visitar a web →

Cultivo Gallego

Cultivo Gallego é un proxecto agrícola de Romai, no concello de Portas (Pontevedra), que cultiva verduras e hortalizas de tempada co método biointensivo, sen pesticidas nin fertilizantes sintéticos. Ademais de vender produto fresco, recollido o mesmo día da entrega, ofrece cursos, obradoiros e asesoramento a través da súa Academia Rural.

Visitar a web →

Daveiga

Daveiga é a marca de Lugar da Veiga S.L.L., unha sociedade laboral con sede no polígono industrial Os Acivros, en Chantada (Lugo). Constituída en xaneiro de 2005, elabora as galletas Mariñeiras, que comercializa desde xuño de 2006 nas liñas natural, bio e snacks. Máis do 80 % do capital está en mans das persoas socias traballadoras.

Visitar a web →

DIH DATAlife

DIH DATAlife é o hub de innovación dixital galego dos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde, con sede no Campus Vida de Santiago de Compostela. Enmárcase na estratexia de hubs de innovación dixital promovida pola Xunta de Galicia e reúne universidades, centros tecnolóxicos, clústeres e empresas. Acompaña as entidades destes sectores na súa dixitalización con servizos de innovación tecnolóxica, desenvolvemento de negocio e formación.

Visitar a web →

Dispersor

O Projecto Dispersor é unha iniciativa impulsada polo agricultor galego Jaime Otero que desenvolve, fabrica e vende ferramentas e accesorios agrícolas e forestais, pensados para a poda e o traballo manual do solo. Diríxese a quen practica agricultura sintrópica, permacultura, agricultura rexenerativa, horticultura ou arboricultura, e distribúe tamén ferramenta de marcas xaponesas.

Visitar a web →

Ecocelta

Ecocelta Galicia é unha empresa de Ponteareas (Pontevedra) dedicada á fabricación de biofertilizantes e á xestión ambiental. Transforma subprodutos orgánicos da contorna, como estercos e algas, en abonos e substratos ecolóxicos mediante compostaxe e vermicompostaxe, coa cría de miñocas como parte do proceso. Desde 2007 conta cun grupo de investigación propio e ofrece tamén asesoramento técnico e actividades de educación ambiental.

Visitar a web →

ensaia.

ensaia. é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en Vigo en 2019 e declarada de utilidade pública en 2026. Finánciase con pequenas doazóns anuais da súa comunidade e con traballo voluntario, co fin de que o talento novo poida facer a súa traxectoria en Galicia. Concede cada ano a Bolsa ensaia, de 10.000 euros, e co programa Mil futuros leva charlas de orientación e mentorías a centros educativos.

Visitar a web →

Estación Agroecolóxica de Viveiro

A Estación Agroecolóxica de Viveiro (EAV) é un proxecto agrícola da provincia de Lugo fundado por Jaime Otero e Ana Sosa, no que se practica e se experimenta coa agricultura sintrópica e a agroforestaría rexenerativa. Ademais de producir, funciona como espazo de aprendizaxe, aberto a quen queira participar en obradoiros, cursos e encontros.

Federación EFA Galicia

A Federación EFA Galicia agrupa as tres Escolas Familiares Agrarias galegas, centros de promoción rural situados en Coristanco (Fonteboa), Arzúa (Piñeiral) e As Neves (A Cancela). Ofrecen formación profesional regrada para a mocidade e formación continua e ocupacional, cun sistema de alternancia entre a escola e a empresa. En 2023 as EFA celebraron os seus 50 anos en Galicia.

Visitar a web →

Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega ten sede en San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña) e foi constituída en 1872 por vía testamentaria, co legado de Juana de Vega. Os seus fins céntranse no medio rural galego: mellorar o seu coñecemento, conservalo e contribuír ao seu desenvolvemento mediante investigación, formación e divulgación. Entre as súas áreas de traballo están a paisaxe e o territorio, coa Escola Galega da Paisaxe.

Visitar a web →

Fundación RIA

A Fundación RIA é unha entidade independente e sen ánimo de lucro creada en 2017 polo arquitecto David Chipperfield, con sede en Santiago de Compostela. Elabora estudos interdisciplinares, proxectos piloto e planificación territorial estratéxica orientados á sustentabilidade a longo prazo do medio construído e natural de Galicia.

Visitar a web →

Galería Vilaseco

Vilaseco é unha galería de arte contemporánea da Coruña, en activo desde 2003, dedicada á investigación, produción e difusión da creación actual. Ademais do programa de exposicións, mantén unha liña editorial de libros de artista e edicións limitadas e, desde 2022, un espazo de produción na aldea de San Cristovo de Mouricios, en Chantada (Lugo).

Visitar a web →

Galo Celta

Galo Celta é unha empresa de avicultura artesanal de Vila de Cruces (Pontevedra), posta en marcha en 2010 por David Sueiro, que cría en liberdade galos e galiñas de razas de crecemento lento. Produce ovos e carne e elabora con ela embutidos, caldo e outros produtos, que vende, entre outros puntos, no seu posto da Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

Gradiant

Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, é unha fundación privada sen ánimo de lucro con sede en Vigo, constituída en decembro de 2007 e en activo desde 2008. Dedícase á investigación, ao desenvolvemento e á innovación en tecnoloxías dixitais, en ámbitos como a intelixencia artificial, a ciberseguridade ou os sistemas de comunicacións. No seu padroado participan as tres universidades galegas e empresas do sector.

Visitar a web →

H.I.G. Capital

H.I.G. Capital é unha firma de investimento de ámbito internacional fundada en 1993 e con sede en Miami (Estados Unidos). Inviste mediante estratexias de capital privado, capital de crecemento, inmobiliario, débeda e infraestruturas, e conta con oficinas en América, Europa, Oriente Medio e Asia. En España está presente desde febreiro de 2012, cando abriu a súa oficina de Madrid.

Visitar a web →

Horta da Lousa

Horta da Lousa é unha empresa familiar das Encrobas, en Cerceda (A Coruña), que combina un viveiro de planta de horta con certificación ecolóxica, unha horta de proximidade e unha pequena gandería de Ternera Gallega Suprema. A actividade comezou a finais dos anos oitenta con dous invernadoiros e hoxe cultiva tomate, leituga, repolo ou cebola, incluídas variedades autóctonas como o tomate negro de Santiago.

Visitar a web →

Idoia Cuesta

Idoia Cuesta é o obradoiro de cestaría contemporánea que a artesá do mesmo nome ten en Cela (Outeiro de Rei, Lugo). Parte das técnicas tradicionais de cestaría e tecido e aplícaas a fibras vexetais como o vimbio ou o castiñeiro e á la, en pezas para moda, interiorismo e deseño de produto. Recibiu o Premio Nacional de Artesanía na categoría Produto (2014) e o Premio Artesanía de Galicia (2021).

Visitar a web →

IES Maruxa Mallo

O IES Maruxa Mallo é un instituto público de educación secundaria situado en Ordes (A Coruña), dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Imparte educación secundaria obrigatoria e ten autorizada tamén educación especial. En 2018 puxo en marcha o Congreso escolar polas Igualdades, organizado polo propio alumnado, que en 2022 chegou á quinta edición.

Visitar a web →

La Despensa D’Lujo

La Despensa D'Lujo é unha explotación agrícola familiar de Coristanco (A Coruña), na comarca de Bergantiños. Cultiva nas súas propias terras legumes, patacas e produtos de horta, que vende de forma directa e a través da súa tenda en liña, xunto con conservas caseiras. A empresa declara traballar con prácticas de agricultura rexenerativa e ofrece tamén actividades de agroturismo.

Visitar a web →

Lagar do Vento

Lagar do Vento é un viñedo e adega familiar situado en Belesar, no concello de Chantada (Lugo), nunha ladeira sobre o Miño dentro da Ribeira Sacra. Traballa unhas dúas hectáreas de mencía, godello, treixadura, loureira e garnacha tintureira con prácticas de viticultura rexenerativa e elabora menos de 4.000 botellas ao ano. Forma parte da Asociación de Viticultura Regenerativa e da Regenerative Viticulture Foundation.

Visitar a web →

Nakko

Nakko é unha start-up con sede en Bilbao, constituída por dez estudantes do grao LEINN (Liderado Emprendedor e Innovación) de Mondragon Unibertsitatea. Entre os seus proxectos está NODIT, un sistema para eventos que une acreditacións NFC cunha web propia de cada encontro, na que o público responde preguntas e enquisas en tempo real. A ferramenta de Nakko foi a que empregou o público para votar no IV Foro Rural Sustentable.

Visitar a web →

Nasas

Nasas é unha axencia creativa con sede no centro da Coruña, en activo desde 2012. Traballa en publicidade, comunicación e márketing, con especial dedicación á creación de contidos dixitais para marcas. Forma parte da comunidade B Corp e publica cada ano unha memoria de sustentabilidade.

Visitar a web →

Néboda

Néboda (Néboda Farms) é unha empresa de agricultura vertical de interior con sede en Vigo, creada en 2019. Desenvolve un sistema propio de cultivo hidropónico automatizado, sen pesticidas, e na súa planta preindustrial produce albahaca durante todo o ano.

Visitar a web →

Next Educación

Next Educación é unha escola de negocios con sede en Madrid que imparte másteres, posgraos, diplomas de experto e cursos, en modalidade presencial, en liña ou híbrida. Forman parte dela a escola Next International Business School, o Centro de Educación Superior Next, adscrito á Universitat de Lleida, e o Foro Next Educación, un ciclo de encontros co ámbito empresarial.

Visitar a web →

Numa

Numa é unha consultora de márketing, estratexia e comunicación con oficina en Pontevedra. Traballa en proxectos de consultoría á medida, márketing e comunicación, e conta cunha liña de sustentabilidade e impacto positivo; tamén ofrece o servizo de «interim marketing», no que unha persoa do equipo se incorpora temporalmente á empresa cliente.

Visitar a web →

Orballo

Orballo é unha empresa galega que cultiva, transforma e comercializa infusións e té de produción ecolóxica. Ten a sede e os cultivos en Donín, no concello de Paderne (A Coruña), onde comezou en 2012 con plantas aromáticas. O seu catálogo inclúe unha liña de té verde e té negro de Galicia, e organiza visitas guiadas ás plantacións.

Visitar a web →

Os Biosbardos

Os Biosbardos é un proxecto de agricultura ecolóxica situado en Cambre (A Coruña), dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Cultiva hortas e bosques comestibles seguindo principios de permacultura e agricultura rexenerativa, vende os seus produtos directamente e en liña, e organiza visitas, cursos e obradoiros.

Visitar a web →

Os Casares

OsCasares é un espazo cultural e social instalado nunha antiga granxa de vacas na aldea de San Cristovo de Mouricios, en Chantada (Lugo), na Ribeira Sacra. Acolle actividades de creación, formación e investigación que relacionan arte, artesanía e agroecoloxía, e comparte terreo co Espacio Vilaseco, o espazo de produción da galería Vilaseco.

Visitar a web →

Pazo de Vilane

Pazo de Vilane é unha empresa familiar con sede en Antas de Ulla (Lugo), na comarca da Ulloa. Naceu en 1996 co propósito de recuperar o pazo da familia e dedícase á produción de ovos de galiñas criadas en liberdade, aos que sumou unha liña de marmeladas artesás.

Visitar a web →

Prensa Ibérica

Prensa Ibérica é un grupo de comunicación español de propiedade familiar que naceu en 1978 en Canarias coa compra dos xornais La Provincia e Diario de Las Palmas. Edita máis dunha vintena de diarios de información local e rexional, ademais de revistas e televisións. En Galicia publica Faro de Vigo, integrado no grupo desde 1986, La Opinión A Coruña, fundada en 2000, e El Correo Gallego, incorporado en 2023.

Visitar a web →

Real Instituto Elcano

O Real Instituto Elcano é un centro de estudos internacionais e estratéxicos con sede en Madrid, constituído en 2001 como fundación privada sen ánimo de lucro. Analiza a realidade internacional e a posición de España no mundo, con áreas de traballo como a gobernanza global, a seguridade, o clima e a enerxía ou o futuro de Europa.

Visitar a web →

Sen Máis

Sen Máis é a marca de leite e iogur ecolóxicos da cooperativa de traballo asociado As Vacas da Ulloa, formada por dúas granxas familiares da comarca da Ulloa: Granxa A Cernada e Granxa Maruxa. A cooperativa envasa, transforma e vende a súa propia produción desde as instalacións da Cernada, en Palas de Rei (Lugo), onde comezou a embotellar en 2021.

Visitar a web →

Tofu Landeira

Tofu Landeira é unha marca de tofu ecolóxico elaborado de forma artesanal en Sigrás, no concello de Cambre (A Coruña). O proxecto arrancou en 2017 e produce tofu natural e afumado a partir de soia que cultiva en Galicia, coa certificación do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Visitar a web →

Trasdeza Natur

Trasdeza Natur é unha sociedade cooperativa galega con sede en Cardigonde, na parroquia de Cortegada (Silleda, Pontevedra). Produce froitas e hortalizas ecolóxicas e elabora con elas produtos deshidratados nun secadoiro que funciona con enerxía solar, entre eles os aperitivos Triscos. Vende os seus produtos tamén a través dunha tenda en liña propia.

Visitar a web →

Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña (UDC) é unha universidade pública creada en 1989, con campus na Coruña e en Ferrol. Imparte ensinanzas de grao, mestrado e doutoramento e desenvolve actividade investigadora e de transferencia de coñecemento.

Visitar a web →

Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha universidade pública con campus en Santiago e en Lugo, cuxas orixes se remontan a 1495. Dela forma parte Histagra, grupo de investigación do Departamento de Historia constituído en 1999 e dedicado á historia agraria e política do mundo rural nos séculos XIX e XX.

Visitar a web →

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo (UVigo) é unha universidade pública constituída en 1990, con campus en Vigo, Ourense e Pontevedra. Nesta última cidade ten a súa sede o Post-growth Innovation Lab, un grupo interdisciplinar que investiga vías para unha transición ecolóxica xusta, con liñas sobre poscrecemento e decrecemento, cooperativismo e economía social ou innovación responsable.

Visitar a web →

Vacantes.gal

Vacantes.gal é unha plataforma web gratuíta que pon en contacto persoas que queren vivir e traballar en Galicia, sobre todo no medio rural. Permite crear un perfil, ofrecer ou buscar servizos e anunciar vivendas, fincas ou traspasos de negocios e explotacións. Xestiónaa a Asociación Vacantes.gal, con domicilio en Labrada (Abadín, Lugo), e xurdiu por iniciativa dunha gandería da parroquia.

Visitar a web →

WWF España

WWF España é a sección española de WWF, organización internacional de conservación da natureza fundada en 1961. Creada en 1968 co nome de ADENA e con sede en Madrid, conta cun programa de alimentos que traballa sobre agricultura, gandería e alimentación, co foco na política agraria, o uso da auga ou os sistemas agrarios de alto valor natural.

Visitar a web →

Es ti o seguinte axente do cambio?

Se xa estás a facer algo polo rural, queremos coñecerte.

Contacta →

Organiza

Impulsan