Saltar ao contido
Rural Sustentable

Nota de prensa

A Escola Rural Sustentable celebra o 7 de marzo o curso piloto «Comunicación e márketing para o sector primario»

7 de marzo de 2026

  • Xornada presencial única de sábado, de oito horas, impartida por Javier Varela.
  • O curso ten 10 prazas e está financiado por Rural Sustentable.
  • Forma parte do primeiro ano de probas da Escola Rural Sustentable.

A Escola Rural Sustentable celebra o sábado 7 de marzo o curso piloto «Comunicación e márketing para o sector primario», unha xornada presencial única de oito horas impartida por Javier Varela.

O obxectivo do curso é introducir ferramentas básicas de comunicación e márketing para que as explotacións e proxectos do sector primario poidan contar o seu traballo e chegar a novos clientes.

O programa organízase en tres bloques:

  • Conceptos básicos de márketing aplicados ao sector primario: público obxectivo, proposta de valor e posicionamento.
  • Comunicación dixital sinxela: redes sociais, fotografía de produto e relato da orixe.
  • Primeiros pasos para unha estratexia de comunicación propia, adaptada ao tempo dispoñible de cada proxecto.

Está dirixido a persoas promotoras de explotacións agrarias, gandeiras ou forestais, e de pemes e proxectos produtivos no rural galego, con proxecto xa en marcha ou en fase avanzada de deseño. Conta con 10 prazas e está financiado por Rural Sustentable.

A Escola Rural Sustentable

A Escola Rural Sustentable ofrece formación práctica para quen quere impulsar proxectos no rural: cursos, obradoiros e sesións impartidas por quen xa o está a facer. 2026 é o seu primeiro ano de probas, con cursos piloto.

Rural Sustentable é un movemento impulsado pola Fundación Galicia Sustentable que reúne entidades, empresas e persoas activistas arredor dun só propósito: que o rural non sobreviva, senón que floreza.

Imaxes para medios

Imaxes para acompañar esta nota. Preme nunha para abrila a tamaño completo.

Contacto de prensa

prensa@galiciasustentable.org

Atendemos peticións de medios, acreditacións e material adicional.

Organiza

Impulsan