Saltar ao contido
Rural Sustentable
Próximo evento

Comunicación Rural Sustentable

2026 · Museo Estrella Galicia (MEGA)

Sábado 12 de decembro de 2026

«O rural non pide permiso. Toma a palabra.»

09:30–14:00Mañá completa
+16Voces convidadas
100Convidados seleccionados
Solicita o teu convite →

De que vai

Levamos máis de 15 anos na Fundación Galicia Sustentable pateando o territorio e conectando a quen non se resigna.

En cada edición do Foro Rural Sustentable chegamos á mesma conclusión: o rural non ten un problema de futuro, ten un problema de relato. Xuntámonos para transformar o imaxinario colectivo: para que os pequenos proxectos demostren o seu valor sen complexos e para proxectar, xuntos, a imaxe dun rural vivo e de vangarda.

Revive a última edición · 2025

Obxectivos

Por que merece a pena vir

01

Presentar casos de éxito e boas prácticas na promoción do rural en xeral e de iniciativas rurais en particular.

02

Fomentar o networking e a colaboración entre profesionais da comunicación e os axentes do cambio no rural.

03

Recoñecer o traballo de quen está a cambiar a imaxe do rural.

100 Convidados seleccionados

Para quen é

100 convidados seleccionados por Rural Sustentable para garantir a mellor experiencia: iniciativas rurais que xa comunican por si mesmas, creadoras de contido e xestoras de redes sociais, persoas que traballan no campo da comunicación, e xornalistas.

Participa

Solicita o teu convite para Comunicación Rural Sustentable 2026

100 convidados, seleccionados por Rural Sustentable para garantir a mellor experiencia. Completa a solicitude e avisarémoste se es un dos convidados.

Solicita o teu convite →

Axenda

Unha mañá completa, de 09:30 a 14:00

09:30–10:00

Recepción de participantes

10:00–10:20

Xaque a unha idea xeneralizada: 15 anos demostrando que o rural é futuro

Abrimos a xornada desmontando a narrativa da queixa e a nostalxia a través de casos reais da rede Rural Sustentable.

Marcos Pérez · Director da Fundación Galicia Sustentable

10:20–10:50

A divulgación fronte ao algoritmo: redes que sementan coñecemento

Cando parece que a comunicación dixital só serve para vender produtos, xorden iniciativas que demostran que a pegada máis fonda déixase compartindo coñecemento. Desde a práctica diaria na terra ata a divulgación agroecolóxica, proxectos que crean valor comunitario ensinando, inspirando e conectando persoas sen necesidade de vender nada máis ca unha forma de entender o mundo.

Paula Sánchez · Balado Novo Homestead · Ana Sosa · Estación Agroecolóxica de Viveiro · Entrevista: Nuska Chousa

10:50–11:20

Do campo ao "prime time"

Analizaremos o salto a un reality televisivo, demostrando o magnetismo dunha nova xeración que pisa forte, rebenta estereotipos e pon o sector primario en boca de todos.

Aitor Jamardo · Agricultor · Lucía Casal · Gandeira · Modera Xiana Albor

11:20–12:00

Recoñecemento e coloquio con "Comunicadores do Rural"

Unha homenaxe a quen usa as redes non para alimentar o ruído, senón para reconectar a sociedade coa terra.

David Eyo · @_elhombredelbosque · Lucía Vázquez · @solaenelmonte · Entrevista a Sandra Martínez

12:00–12:30

Pausa café

12:30–12:50

Fóra de foco: existir, crear e traballar sen Instagram

Nun momento no que a presenza en redes sociais se asume como obriga incontestable para calquera proxecto, que pasa cando se decide non estar? É posible soster un modelo de traballo, conectar coa comunidade e construír relacións sólidas sen depender da pantalla nin dos algoritmos de Meta? Unha conversa sobre a renuncia consciente, a soberanía dos tempos propios e as canles lentas de comunicación.

María Victoria Cosme · Amorodo · Entrevista Marcos Pérez

12:50–13:20

Comunicar a través das accións

Conversa sobre como as grandes empresas galegas comunican o seu compromiso co rural a través das súas accións e non só das súas mensaxes.

Pepe Cabanas · CMO Hijos de Rivera · Isaac González Toribio · ABANCA · Modera Javier Varela · Fundación Galicia Sustentable

13:20–13:50

Palabras para axitar o contorno

Unha intervención para entender que cambiar as palabras coas que nos referimos ao noso contorno é o primeiro paso para transformalo de raíz.

Emilio del Río · Escritor e comunicador

13:50–14:00

Despedida e peche

Os nosos ponentes

Quen participa

Ana Domínguez Chouza

Ana Domínguez Chouza

@nuskachousa

Emilio del Río

Emilio del Río

Escritor e comunicador

Javier Varela

Javier Varela

Numa · Javier Varela Marketing

Lucía Casal

Lucía Casal

Gandeira

Marcos Pérez

Marcos Pérez

Fundación Galicia Sustentable

Pepe Cabanas

Pepe Cabanas

Hijos de Rivera

Sandra Martínez

Sandra Martínez

Nosa Granxa

David Eyo

David Eyo

@_elhombredelbosque

Lucía Vázquez

Lucía Vázquez

@solaenelmonte

Ana Sosa

Ana Sosa

Estación Agroecolóxica de Viveiro

Paula Sánchez

Paula Sánchez

Balado Novo Homestead

Isaac González Toribio

Isaac González Toribio

ABANCA

Aitor Jamardo

Aitor Jamardo

Cultivo Gallego

María Victoria Cosme

María Victoria Cosme

Amorodo

Xiana Albor

Xiana Albor

Divulgadora ambiental

Lugar

Museo Estrella Galicia (MEGA)

Sábado 12 de decembro de 2026

Como chegar →
Comunicación Rural Sustentable 2026 · Sábado 12 de decembro de 2026 Solicita o teu convite →

Organiza

Impulsan