Comunicación Rural Sustentable
2024 · MEGA, Museo Estrella Galicia (A Coruña)
30 de novembro de 2024




Resumo da edición
Na última edición do Foro Rural Sustentable, os axentes do cambio propuxeron a comunicación como unha liña clave para conseguir un rural próspero.
A Fundación Galicia Sustentable leva máis de 10 anos traballando co Mercado da Colleita na identificación de iniciativas que están a transformar o rural. Por iso impulsa esta acción para establecer criterios que transformen o xeito no que se presenta o medio rural.
Obxectivos
Por que merece a pena vir
Presentar casos de éxito e boas prácticas na promoción do rural en xeral e de iniciativas rurais en particular.
Fomentar o networking e a colaboración entre profesionais da comunicación e os axentes do cambio no rural.
Proporcionar ferramentas e coñecementos prácticos sobre comunicación.
Recoñecer o traballo de quen está a cambiar a imaxe do rural.
Os nosos ponentes
Quen participou
Ana Corredoira
Granxa A Cernada
Ana Domínguez Chouza
@nuskachousa
Cé Rodríguez
En20metros
Diego Guerrero
Cos Pés na Terra
Fátima Carmena
Nasas, Axencia Dixital
Gonzalo Brocos
Campo Galego
Jaime Abella
Grupo EPI
Javier Varela
Numa · Javier Varela Marketing
Lucía Casal
Gandeira
Marcos Pérez
Fundación Galicia Sustentable
Miguel Roig
Os Biosbardos
Pepe Cabanas
Hijos de Rivera
Rosendo Estévez
Trasdeza Natur
Sandra Martínez
Nosa Granxa
Sara Torreiro
Casa Grande de Xanceda
Óscar Torres
Orballo
Recoñecementos
Comunicadoras e comunicadores do rural
Cé Rodríguez
Divulgador de Vigo especializado en horta urbana e xardinería ecolóxica. Desde a súa parcela en Bembrive comparte consellos prácticos para cultivar alimentos e coidar as plantas en pouco espazo, sen agrotóxicos: non fai falta un gran terreo para achegarse á natureza.
@en20metros ↗
Ana Domínguez
Comezou a compartir vídeos do seu día a día de xeito case involuntario, co desexo de axudar a conservar un patrimonio inmaterial: os usos, costumes, oficios e receitas do rural que corren risco de perderse.
@nuskachousa ↗
Sandra Martínez
Deixou a vida na cidade para erguer desde cero unha granxa, sen experiencia previa con animais, xunto ao seu marido Jose. Comparte o seu proceso de aprendizaxe en Instagram, onde xa reúne máis de 34.000 seguidores.
@nosa_granxa ↗
Lucía Casal
Moza gandeira de Melide que comparte en Instagram o seu día a día no campo —o coidado das vacas, o traballo coa maquinaria, a vida na aldea—, achegando o rural a novas xeracións e reivindicando o papel das mulleres no agro. En 2026 foi recoñecida como Mellor Creadora de Contido Agro nos premios AgroInfluye.
@luciiaacasal ↗
Galería















