Comunicación Rural Sustentable
2025 · MEGA, Museo Estrella Galicia (A Coruña)
Sábado 13 de decembro de 2025




Resumo da edición
En cada edición do Foro Rural Sustentable, entre as conclusións máis repetidas aparece unha idea clara: necesitamos unha comunicación auténtica, positiva e coherente cos valores que defendemos.
Comunicación Rural Sustentable nace precisamente desa constatación. Un encontro que busca transformar a narrativa do rural, inspirando a quen o vive, o conta ou o representa a facelo desde a verdade, a emoción e a esperanza.
Vídeo resumo
Revive Comunicación Rural Sustentable 2025
Obxectivos
Por que merece a pena vir
Presentar casos de éxito e boas prácticas na promoción do rural en xeral e de iniciativas rurais en particular.
Fomentar o networking e a colaboración entre profesionais da comunicación e os axentes do cambio no rural.
Proporcionar ferramentas e coñecementos prácticos sobre comunicación.
Recoñecer o traballo de quen está a cambiar a imaxe do rural.
Os nosos ponentes
Quen participou
Ana Domínguez Chouza
@nuskachousa
Antía Vázquez
Veterinaria
Beatriz Varela
Aer
Elia Lugilde
@huertelia
Javier Cebreiros
Ensaia
Javier Varela
Numa · Javier Varela Marketing
Laura Vallejo
@lauritavallejo
Lucía Casal
Gandeira
Lucía Martínez
Gandeira
Marcos Pérez
Fundación Galicia Sustentable
Mónica Requeijo
Vacantes.gal
Nuria Varela-Portas
Pazo de Vilane
Pepe Cabanas
Hijos de Rivera
Sergio Poza
Agrolistik
Xesús Mazaira
Airas Moniz
Recoñecementos
Comunicadoras e comunicadores do rural
Elia Lugilde
Creadora de Huertelia, técnica en produción agroecolóxica e divulgadora da horticultura. Nas súas redes, cursos e obradoiros ensina a cultivar hortalizas e coidar a horta de xeito respectuoso co medio, desde un pequeno xardín ata unha horta escolar.
@huertelia ↗
Laura Vallejo
Operaria forestal e motoserrista de Meira que comparte en Instagram o seu traballo no monte e o manexo de maquinaria, achegando o oficio forestal ao público e visibilizando a presenza das mulleres nun sector no que aínda son poucas.
@lauritavallejo ↗
Vídeos
Revive a xornada
Galería















