Saltar ao contido
Rural Sustentable

Escola Rural Sustentable

Sistemas agroforestais e silvopastorís: integración árbore-gando-cultivo

Data

Agosto 2027

Lugar

En liña (martes e xoves) + xornada de campo un sábado ao mes, en finca ou monte veciñal en Galicia

Prezo

Financiado por Rural Sustentable

Prazas

10

Inscríbete →

Curso do programa anual 2027 da Escola Rural Sustentable.

Foco: Integración estrutural de arborado autóctono (castiñeiros, carballos, froiteiras tradicionais) con praderías e cultivos para obter sombra, forraxe arbóreo, froito, madeira de calidade e prevención activa de lumes.

Dirixido a: Persoas promotoras de explotacións agrarias, gandeiras ou forestais, e de pemes e proxectos produtivos no rural galego, con proxecto xa en marcha ou en fase avanzada de deseño.

Contidos

Módulos

  1. Selección de especies forestais e patróns de plantación compatibles co pastoreo e a maquinaria.
  2. Protección eficaz de plantas novas fronte ao gando e manexo de podas produtivas e defensivas.
  3. Silvopastoreo en soutos e xestión das faixas de biomasa mediante gandaría extensiva.

Ao rematar

Entregable funcional

Deseño técnico xeorreferenciado sobre SIXPAC para a implantación ou reconversión dunha parcela silvopastoril real.

Organiza

Impulsan