Saltar ao contido
Rural Sustentable

Encontros Rural Sustentable · Goberno, dereitos e planificación

A carta de dereitos rurais efectivos e a reforma competencial

Data

1 de outubro de 2027

Formato

Presencial

Lugar

Santiago de Compostela · Fundación Galicia Sustentable

Aforo

Máximo 10 persoas

Evento por convite

Redacción dos mínimos legais irrenunciables en servizos públicos: desprazamentos sanitarios, tempos de espera, liñas de transporte baixo demanda garantidas e descentralización efectiva de decisións cara aos concellos e parroquias.

Cadernos de apoio: Caderno de Dereitos Básicos e Servizos Públicos Descentralizados.

Ver o eixo completo: Goberno, dereitos e planificación →

Método de traballo

Da sesión á acta propositiva

Sesión de traballo pechada, aforo máximo de 10 persoas. Os primeiros 45 minutos córrenlle a unha persoa relatora, que introduce os mínimos legais irrenunciables en servizos públicos para o rural. O resto do tempo ábrese ás achegas de quen participa, sempre orientadas a pechar unha acta propositiva co estándar mínimo de servizos públicos esixible por igualdade territorial.

Participan

Axentes convocados

Xuristas especializados en Dereito AdministrativoSindicatos labregos e de servizos públicosDeputacións provinciaisFEGAMP

Pregunta que guía o debate

Cal é o estándar mínimo obxectivo de servizos públicos por debaixo do cal a administración pública está vulnerando o principio constitucional de igualdade territorial?

Organiza

Impulsan