Participa
Participa no deseño dun futuro sustentable para o rural. Fai as túas achegas para seren consideradas na elaboración do primeiro informe Rural Sustentable.
Nas respostas trata de ter a maior concreción posible e, na medida que poidas, identifica tamén quen son axentes clave para a súa implementación.
Grazas pola túa participación.
Un espazo para impulsar cambios regulatorios que favorezan un rural sustentable
Actividade: Foro Rural Sustentable
Lugar: Espazo Vilaseco – Chantada
Data: 21 de Xullo de 2023
Impulsa: Corporación Hijos de Rivera

Desde o seu compromiso de impacto positivo Corporación Hijos de Rivera impulsa o Foro Rural Sustentable. Un evento de carácter anual que reúne a persoas expertas, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural. O Foro céntrase na procura de solucións sostibles en áreas como a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.
Durante o foro, levan a cabo conferencias maxistrais, paneis de discusión, mesas de debates e/o presentacións de casos de estudo e iniciativas que están a transformar o rural nunha contorna sustentable.
As e os participantes teñen a oportunidade de aprender de expertos destacados, compartir as súas propias experiencias, establecer contactos e colaborar en grupos de traballo para desenvolver propostas concretas e recomendacións que promovan a sustentabilidade a nivel local e global.
O resultado último do Foro Rural Sustentable é xerar alianzas, compartir coñecemento e promover cambios regulatorios que contribúan á transformación do medio rural.
Implicación social
Cambios regulatorios
Alianzas
Esta primeira edición do Foro servirá como análise da situación de partida. Para iso daremos voz a múltiples actores presentes no medio rural destacando o papel dunha serie de iniciativas que xa son unha realidade para que compartirán a súa visión desde o terreo sobre: modelos de xestión sostibles, tecnoloxía e comercialización.
Anímate a participar no deseño dun rural sustentable.
O Espazo Vilaseco
Está situado dentro da finca OsCasares, un proxecto polivalente que promove o encontro, o coñecemento desde a cercanía, os aprendizaxes, e os intercambios culturais.
Programa
Podes facer moito máis que sentarte e mirar
Un encontro con diversos formatos de presentación e grupos de traballo favorecendo unha participación inclusiva, o intercambio de perspectivas diversas e un enfoque multidisciplinario na procura de resultados sólidos e accións concretas.
| Hora | Actividade | Presenta | Organización |
| 0930h | Benvida Café | ||
| 1030h | Foro Rural Sustentable | Marcos Pérez | Fundación Galicia Sustentable |
| 1045h | O Espazo Vilaseco | Miriam Pérez | Vilaseco |
| 1100h | Unha visión de partida | José Manuel Andrade | Fundación Juana de Vega |
| 1115h | Mesa – O que precisamos para que as empresas pequenas teñan futuro no rural? | David Sueiro | Galo Celta |
| Ana | Airas Moniz | ||
| Ricardo | Airas Moniz | ||
| 1145h | A visión desde Casa Grande de Xanceda | Cristina Fernández-Armesto | Casa Grande de Xanceda |
| 1200h | A visión desde Pazo de Vilane | Nuria Varela-Portas | Pazo de Vilane |
| 1215h | Preguntas | Cristina Fernández-Armesto | Casa Grande de Xanceda |
| Nuria Varela-Portas | Pazo de Vilane | ||
| 1230h | Pausa Café | ||
| 1300h | Mesa – Proxectos coas persoas por diante | Nestor Liñares | Horta da Lousa |
| Xosé Lois Lamazares | Daviega | ||
| 1330h | Tecnoloxías emerxentes e solucións dixitais para o rural | Lucía Castro | DATAlife |
| 1345h | A visión desde Arquixal | Luis Carreira | Arqueixal |
| 1400h | A visión desde a EAV | Jaime Otero | Estación Agroecologica de Vieiro |
| 1415h | Preguntas | Luis Carreira | Arqueixal |
| Jaime Otero | Estación Agroecologica de Vieiro | ||
| 1430h | Xantar | ||
| 1600h | Estamos dispostos a pagar un sistema alimentario sustentable? | José Luis Reza | Cluster de ecommerce+ |
| 1615h | A visión desde Cortes de Muar | Germán García | Cortes de Muar |
| 1630h | A visión desde A Cernada | Ana Corredoira | A Cernada |
| 1645h | Preguntas | Germán García | Cortes de Muar |
| Ana Corredoira | A Cernada | ||
| 1700h | Os Grupos de traballo | ||
| 1750h | Información compilada dos grupos de traballo e pasos a dar | Marcos Pérez | Fundación Galicia Sustentable |
| 1800h | Peche e AfterForo |
















